O pintor ferrolán Andrés Gabarres gaña o concurso de Pintura Cidade de Narón

O pintor ferrolán Andrés Gabarres gaña o concurso de Pintura Cidade de Narón
Imaxe da obra gañadora

O pintor ferrolán afincado en Madrid, Andrés Gabarres Cagiao, alzouse co primeiro premio da décimo terceira edición do “Concurso de Pintura Cidade de Narón” organizado polo Padroado da Cultura do municipio e dotado con 3.000 euros.


O xurado, presidido polo artista plástico Melchor Balsera (gañador da edición de 2020) e no que actuaron como vogais Jesús Basterrechea e Begoña Gorostidi, elixiron a obra “Plastic Hotel” como a mellor das dezanove que pasaron á fase final do certame. A obra pasará a ser propiedade do Padroado e seu autor terá dereito a unha exposición do seu traballo durante quince días no Pazo, tal e como se recolle nas bases da convocatoria.


Plastic Hotel Gabarres 51045.00   copia



A entrega de premios terá lugar esta tarde, ás 19.00 horas, coincidindo cos actos do Día de Narón.


Pola súa banda, o primeiro premio Amador “Francisco Criado” –convocado en lembranza do pintor Francisco Criado, da parroquia de San Xiao, donde se iniciu este certame– adiouse para unha data aínda sen determinar.


As obras presentadas á categoría profesional poderán verse ata hoxe na entrada do Pazo da Cultura. No certame participaron artistas de diferentes comunidades, como Madrid, Navarra, Castela León, Castela A Mancha e tamén de diferentes municipios galegos.


Os autores e autoras das obras presentadas ás categorías infantil e xuvenil –fóra de concurso– recibirán tamén mañá no Pazo un detalle pola súa participación.

O pintor ferrolán Andrés Gabarres gaña o concurso de Pintura Cidade de Narón

Te puede interesar