As Pontes adxudica por 211.000 euros a galería cuberta do campo de tiro con arco

As Pontes adxudica por 211.000 euros a galería cuberta do campo de tiro con arco
A mellora no “Evaristo Puentes” dá resposta á demanda dos clubs deportivos da vila | Concello

O Concello das Pontes adxudicou nos últimos días unha serie de obras por un valor conxunto de 332.602 euros, destinadas á rehabilitación e acondicionamento das vías de comunicación nas parroquias pontesas e a mellorar diversos equipamentos municipais.


Así pois, a firma Huso 29 Estudios y Construcciones S.L a construción dunha galería cuberta nas actuais instalacións do campo de tiro con arco, asentado no Pobado das Veigas.   O proxecto, cun orzamento de 211.000 euros, con cargo a fondos propios, permitirá a execución dunha nova instalación que se localizará no extremo final da actual zona de tiro para, deste xeito, investir o sentido da mesma e evitar que á luz do atardecer afecte á visibilidade dos arqueiros. 


Por outra banda, o Concello adxudicou a Construcciones Guerreiro Somozas S.L o proxecto de construción dunha bancada cuberta para o campo de herba artificial “Evaristo Puentes”, situado no Poboado das Veigas. O proxecto, cun orzamento de 97.913 euros, con cargo a fondos municipais, permitirá dar resposta á demanda dos clubs deportivos da vila que empregan esta instalación, así como dos espectadores que, cada fin de semana, se achegan ata as instalacións para gozar de diferentes competicións deportivas sen sufrir as consecuencias das inclemencias meteorolóxicas.


Por último, José No Mantiñán e Hijos S.A encargarase dos traballos de mellora dos viarios en Cancelas, Poupariña, Esvedral, Penapurreira e Ramallal-Louseira co obxectivo de dotalos dunha maior calidade, tanto estrutural como superficial, para garantir, deste xeito, a seguridade do tráfico. As obras, financiadas a través do POS da Deputación da Coruña, permitirán a mellora e substitución da actual capa de rodadura para o que será preciso levar a cabo actuacións de varrido de superficie e limpeza de marxes, ademais procederase ademais á limpeza das cunetas e á eliminación de vexetación que invada os viais. 

As Pontes adxudica por 211.000 euros a galería cuberta do campo de tiro con arco

Te puede interesar