O colectivo en defensa do patrimonio industrial das Pontes mantivo un encontro coa Xunta

O colectivo en defensa do patrimonio industrial das Pontes mantivo un encontro coa Xunta
Central das Pontes I Daniel Alexandre

Unha representación da Plataforma en defensa do Patromonio Industrial das Pontes mantivo nos últimos días un encontro coa directora xeral de Patrimonio Cultural da Xunta, María del Carmen Insua, e co subdirector xeral de Conservación e Restauración de Bens Culturais, Manuel Chain.


Na Xuntanza, ambas partes abordaron a tramitación do expediente de declaración de Ben de Interese Cultural (BIC) da cheminea da central térmica pontesa.


O colectivo explica que o goberno autonómico solicitou informes aos órganos consultivos, nomeadamente ao consello de cultura galega e a catro relacionados co sistema universitario galego, dos cales, un foi favorable –a lei require dous–, outro non foi concluínte, e o resto non se pronunciaron. “É dicir, ningún deles foi desfavorable”, remarca a Plataforma nun comunicado.


Por outra banda, apuntan a que no prazo dun mes de alegacións, rexistráronse tres en contra da declaración –entre elas a de Endesa e a do Concello–, mentres que fóra do prazo foron tres a favor e catro en contra, ademais da reiteración de Endesa e do Concello –cun informe técnico da Deputación da Coruña–.


O colectivo remarca que esta información recibida por parte do goberno galego será o punto de partida para as vindeiras actuacións da Plataforma, entre as que se plantexa a solicitude dun pleno no Consistorio.
No día de mañá venres levarase a cabo a terceira asamblea –19.30 horas, no Lar–. 

O colectivo en defensa do patrimonio industrial das Pontes mantivo un encontro coa Xunta

Te puede interesar