A UNED Sénior da Coruña visita o Museo Etnográfico e Pedagóxico das Pontes

O centro expositivo do Monte Caxado permite afondar na escola decimonónica que representara Castelao nos seus debuxos
A UNED Sénior da Coruña visita o Museo Etnográfico e Pedagóxico das Pontes
Un dos obxectos que se exhiben no museo do Monte Caxado | DANIEL ALEXANDRE

O Ano de Castelao, que foi proclamado para este 2025 a nivel autonómico, celébrarase por múltiples entidades como a UNED Sénior da Coruña, que é unha das primeiras en participar. Entre as súas actividades está a visita que realizaron o martes ao Museo Etnográfico e Pedagóxico no Monte Caxado, nas Pontes.


A finalidade non é so render homenaxe a unha figura icónica e universal, senón tamén poñer en valor o labor dos mestres e mestras na construción dun sistema educativo público, na etapa dende o século XX ao ano 1936. Neste sentido, a exposición pontesa permite afondar na escola decimonónica que representara Castelao nos seus debuxos, así como a súa evolución a raíz das innovacións pedagóxicas. 

A UNED Sénior da Coruña visita o Museo Etnográfico e Pedagóxico das Pontes

Te puede interesar