Pablísimo presentará o seu espectáculo sobre rodas este venres, a partir das 20.00 horas, no centro cívico e sociocultural das Somozas. Trátase dunha proposta titulada “Cabicivai”, que xoga cos termos que protagonizan a obra, unha bicicleta e un Kamishibai.
Este último significa literalmente “teatro de papel” e constitúe unha forma de contar historias tradicional da cultura xaponesa. O actor, dramaturgo e contador Pablo Sánchez é quen está detrás da compañía, que adoita achegar propostas escénicas de pequeno e mediano formato, baseándose na literatura infantil clásica, contemporánea ou de creación propia.