A primeira Feira do Mel encherá o mercado de Cariño de produtos de proximidade

A primeira Feira do Mel encherá o mercado de Cariño de produtos de proximidade
Ademais de diversos productos locais, haberá obradoiros de elaboración de candeas I AEC

O mercado municipal de Cariño acollerá o vindeiro sábado 12 de outubro a súa primeira Feira do Mel, unha iniciativa impulsada pola entidade Recursos de Aldea coa colaboración do Concello. “A idea xurdiu porque na asociación temos moitos socios de alí e decidimos propoñerlle a idea ao goberno local”, apunta Manolo Rodríguez, membro do equipo de traballo da organización.


O obxectivo desta xornada, que comezará ás dez e media da mañá e que se prolongará ata ben entrada a tarde, é “poñer en promoción o produto da zona de orixe agroalimentario. Chamámoslle Feira do Mel pero buscamos salientar todo o de aquí, dende as mariscadoras, artesanía ou produtos elaborados da horta, co obxectivo de darlle un pouco de potencial”.


Así pois, os que se acheguen ata as instalacións atoparán diferentes postos nos que adquirir diversos produtos, ademais de actividades durante todo o día. “Teremos un obradoiro de candeas para os máis pequenos da casa, un sorteo de dúas cestas, expositores con degustacións e uns 15 postos da comarca, a maioría deles de mel, pero tamén de froita, unha pulpeira, pan ou o de zumo de mazá que elabora Semente Negra”, apuntou Rodríguez. Esta Feira do Mel, indican dende Recursos de Aldea, permitirá tamén aos produtores “intercambiar coñecementos entre nós”, indicando que “houbo moita demanda para participar na feira pero o espazo é o que é e tivemos que limitar o número de participantes”.


Pola súa banda, a alcaldesa de Cariño, Ana María López, explicou que “con este tipo de iniciativas se amplía la oferta existente para el disfrute de los vecinos y vecinas, además de incentivar con ellos a los productores locales y darle un impulso al comercio del municipio”. 

A primeira Feira do Mel encherá o mercado de Cariño de produtos de proximidade

Te puede interesar