O Certame de Teatro Afeccionado de Cedeira “Fusa Guillén” ten abertas as inscricións

O Certame de Teatro Afeccionado de Cedeira “Fusa Guillén” ten abertas as inscricións
O auditorio municipal acollerá as tres obras seleccionadas | EMILIO CORTIZAS

Este domingo remata o prazo para anotarse na terceira edición do Certame de Teatro Afeccionado “Fusa Guillén”, que lembra o legado dunha dramaturga que influíu na vida cultural da localidade e particularmente, no impulso que deu ao teatro. O encontro fará protagonistas tres representacións, que se exhibirán no auditorio municipal cedeirés os días 17 e 30 de novembro, ademais do 1 de decembro.


O Concello recibe as candidaturas das compañías interesadas, que segundo indican as bases, poderán concorrer exclusivamente os grupos amadores, que só poderán presentar unha única peza cada un. As creacións achegadas, deberán ter unha duración de 50 minutos como mínimo e estar elaboradas en galego

 

O xurado seleccionará tres obras a partir do diverso material que deberá adxuntarse á candidatura, entre o que se atopa un vídeo da representación completa ou dunha parte da mesma suficientemente representativa. Cada unha das tres compañías recibirá, por parte do Concello de Cedeira, 750 euros en concepto de gastos derivados da actuación. As dúas representacións do vindeiro mes de novembro e a de decembro comezarán ás 20.00 horas, con entrada de balde. 

O Certame de Teatro Afeccionado de Cedeira “Fusa Guillén” ten abertas as inscricións

Te puede interesar