As Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil das Pontes e Narón reciben novo material

As Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil das Pontes e Narón reciben novo material
Foto de archivo de una entrega equipamiento I AEC

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a resolución da orde pola que se establecen as bases reguladoras para a adxudicación –en réxime de concorrencia competitiva– de equipamentos de emerxencias aos concellos de menos de 50.000 habitantes que conten con Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil. Un total de 87 municipios resultaron beneficiarios desta medida, entre os que se atopan os de Narón e As Pontes.


Así, no primeiro dos casos, os profesionais contarán cun novo kit de material loxístico de seguridade viaria, mentres que os servizos ponteses disporán de ferramentas eléctricas para a atención ás emerxencias.


Na provincia da Coruña, a Xunta repartirá un total de 24 unidades de material, cun investimento de case 76.000 euros. As entidades beneficiarias teñen agora un prazo de 10 días hábiles para aceptar ou renunciar a dita aportación. 

As Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil das Pontes e Narón reciben novo material

Te puede interesar