As Somozas investirá na construción dunha senda peonil de 310 metros en Agraxoiba

As Somozas investirá na construción dunha senda peonil de 310 metros en Agraxoiba
Obras na Toca | CEDIDA

O Concello das Somozas investirá máis de 77.000 euros nun proxecto para a construción dunha senda peonil na estrada AC-110 a altura de Agraxoiba.


Coa comisión desta obra, que está en proceso de licitación, búscase a “mellora e conservación da infraestrutura da rede viaria do Concello, así como das condicións de vida e traballo no medio rural, facilitando a accesibilidade da veciñanza”, comentan dende o Consistorio.


A financiación que fai posible esta obra vén da Deputación da Coruña e, nese presuposto, contémplase a realización dunha travesía peonil de 310 metros de lonxitude e 1,80 metros de anchos. Antes da execución do pavimento contémplase, tamén, a canalización con pozos de rexistro de sumidoiro para recollida de augas pluviais, así como a instalación de luminarias e iluminación pública. 


O alcalde da localidade, Juan Alonso Tambrás, subliñou que “coa renovación desta senda continuamos mellorando as infraestructuras do municipio, facilitando o acceso dos peóns e o tecido comunicativo do Concello”. 


Estas son unha continuación doutras actuacións similares, como son as sendas peatonais que se habilitaron na Toca o pasado ano.

As Somozas investirá na construción dunha senda peonil de 310 metros en Agraxoiba

Te puede interesar