A concelleira de promoción Económica, Natalia Hermida, e a presidenta da Asociación de Comerciantes de Narón, Rocío Rodríguez, presentaron onte a campaña “Merca en Narón”, que chegará ao pequeno comercio da localidade entre o 2 e o 12 de maio.
Os comercios que se sumen a esta iniciativa recibirán rascas (hai 34.000 unidades) para entregar entre a clientela, que conteñen máis de 8.000 premios directos como chaveiros, bolígrafos ou chuvasqueiros, entre outros. Tamén se pode optar con eles ao sorteo de dez viaxes valoradas en 100 euros cada unha.