Casi medio século valorando o patrimonio

Casi medio século valorando o patrimonio
O castelo é o eixo central do festival | CEDIDA

Hoxe da comezo a celebración anual que os modestinos fan da historia máis real, a propia, aínda que moitas veces seXa unha gran descoñecida. A partiren das 22.00 horas comeza a edición XLV do Festival Irmandiño de Moeche.


Aló polo século XV,  os nobles galegos  sometían ao campesiñado a todo canto se lles viña en gana. 
A poboación, cansa de esta situación, armouse de valor e plantou cara á situación. A este levantamento popular coñéceselle como revolta dos Irmandiños e, dende fai casi medio século, os de Moeche ríndenlle honra.


Como aseguran dende o constitorio local, “naceu en 1980 como resposta á necesidade de proxectarnos como pobo con historia propia, como herdeiros duns galegos e galegas que se rebelaron contra o poder establecido, contra unha situación social de opresión, abuso e miseria.”


Esta primeira motivación ligada ao legado dos modestinos non é a única, senon que, intentando cuidar o propio, necesitaban atopar unha forma de reivindicar e, posteriormente coidar, do castelo, elemento insignia do municipio e que, en palabras da organización, “na década dos 80 tiña un estado deplorable”.
Dende a directiva do festival rememoran tempos nos que puideon facer o evento dentro do castelo pero “por temas de aforo só puidemos celebralo dentro un ano, ao seguinte, o festival xa era un reclamo para moita xente”, comenta Álex Campos, que leva casi unha decada na dirección do evento aínda que bastantes máis sendo parte.


“Para un festival como este, que se celebra nun concello pequeniño como é o noso, o máis importante é ter o apoio do público e das institucións. Temos os nosos incondicionais, que son os veciños, e axudan en todo o que poden, dende o traballo directo coma no patrocinio a través das súas empresas”, comenta Campos, que non dubida en ensalzar a importancia dos modestinos. 


Contan con eles de maneira incondicional xa que sempre están dispostos a todo. Dende a directiva agradecen o esforzo de todos e todas e teñen claro que, sin eles, “non se poderían levar a cabo moitas das actividades que facemos”. Isto débese, principalmente, á gratuidade do evento, que fai que a colaboración sexa máis que esencial.


Dende a primeira edición, o folk foi o fío musical das dúas noites máis coñecidas de Moeche. A razón é simple, se ían reclamar polo seu castelo, o lóxico é que o fixeran coa música máis reinvidicativa do momento e claro, en galego, porque “forma parte dos Irmandiños o usaren a nosa cultura”, comenta Campos.

 

Referente 


O que naceu coma una protesta veu crecer o seu éxito dunha maneira exponencial en moi pouco tempo. “A mediados dos 80 o Irmandiño era unha cousa inimaxinábel. Agora que hay tanta oferta de festivais a situación é máis complexa pero, cando eramos catro ou cinco, Moeche era una referencia de moito nivel.”, expón a dirección.


O público deste evento é fiel, aínda que os diferentes carteis poidan atraer a uns máis que a outros, hay quen, ano tras ano, fai a súa peregrinaxe particular. Mais non só os locais son asiduos nesta cita, hai quen ven de fóra para desfrutar da cultura. “O ano pasado houbo moita xente do País Vasco, Cataluña e de Asturias. Imos atraendo visitantes pouco a pouco, mais tamén hai quen está de pasada e escoita falar do festival, acabando aquí”, explica a entidade.


É unha celebración única, diso non cabe dúbida. O asalto ao castelo mestúrase con grupos de música internacionais, oferta gastronómica e un espectáculo de pirotecnia fan desta fin de semana unha cita especial que, “en directo impresiona máis do que un espera”, aseguran os locais.

 

A zona de descanso estará completamente equipada tanto para tendas como para campers

Sendo xa coñecedores de que en cada edición hai máis xente que ven de lonxe, así como aqueles da casa que buscan a comodidade, dende a organización habilitaron unha zona especial para acampada, pero tamén para furgonetas ou autocaravanas –ambas iluminadas– que contará con tomas de electricidade e vaciado de augas grises. Este espazo estará a escasos 100 metros da zona central do festival e, dende a directiva, recordan que “é un servizo completamente de balde”. Cabe recordar que, en todo o recinto, estarán habilitados varios contenedores de reciclaxe.

 

O concello ten claro que nestes nove lustros de celebracións acadáronse moitos logros

Contabilizan dende o consistorio todo o que se conseguíu nestes 45 anos de traballo e están satisfeitos. Falan, primeiramente, de reivindicar “unha das páxinas máis importantes da nosa historia colectiva”, unida a proliferación da actividade cultural en Moeche e a promoción da música galega.
Asimimo, lembran a importancia do evento no proceso da restauración do castelo. Con esto van tres logros que se complementan coa cohesión social, focalizar turísticamente o edificio e facelo centro de reinterpretación, fomentar o teatro e a música e a creación  dunha sinal de indentidade. 

 

Casi medio século valorando o patrimonio

Te puede interesar