O Concello de Cedeira pon en marcha mañá mércores, cunha andaina ata o faro de Robaleira, una nova edición do programa ”De Ruta” de saídas guiadas a pé polas paisaxes do municipio. As saídas que serán os días 5, 7, 12, 14, 19, 21, 26 e 28 de xullo, todas de balde e cun límite máximo de 15 participantes.
O programa comezará cun percorrido ao faro de Robaleira. Será unha saída de 8 kilómetros, de dificultade baixa/media e que se realizará nunhas catro horas, con saída desde a oficina de turismo ás 10.00 da mañá.
As persoas interesadas en participar en calquera destas andainas teñen que realizar a súa inscrición no Polideportivo Municipal, ou ben chamando ao número 981 482 633 ou enviando un mail a polideportivocedeira@gmail.com.
Noutra orde de cousas, o PP de Cedeira amosou publicamente a súa preocupación pola falta de mantemento dalgúns espazos públicos.
Falan desde as fila populares de beirarrúas que se atopan descoidadas e desatendidas, cun elevado nivel de maleza, facendo difícil o tránsito dos peóns. “A limpeza debe ser frecuente”, reclaman.