Químicos, Universidade e Administración autonómica animan aos participantes na LX Olimpiada Galega de Química a estudar a carreira de esta disciplina nos centros de Galicia. O alumnado que participou nesta cita académica anual –entre eles, Sara Novais, do IES Punta Candieira de Cedeira– visitou os laboratorios da Facultade de Química da UVigo e recolleron os seus diplomas.
A cita, que tivo lugar o pasado día 26, foi, a todas luces, unha celebración desta rama da ciencia. Así, a decana da facultade de Química da UVigo, María de los Ángeles Peña Gallego, que exerceu de anfitriona no evento, animou aos estudantes a elixir “a carreira que vos guste”, defendendo que será unha decisión que “vos fará máis felices e teredes máis éxitos”.
De xeito similar expresouse Manuel Rodríguez Méndez, decano do Colexio Oficial de Químicos de Galicia e presidente da asociación de profesionais deste sector, que definiu esta disciplina como “a base técnica e experimental dos avances da innovación”, ao tempo que desexaba ver a estes xoves estudar nunha das tres facultades desta ciencia que hai en Galicia.
Por último, a vicerectora de Estudantado da UVigo, Natalia Caparrini, felicitou aos participantes polo seo compromiso, capacidade e esforzo.