O programa das festas xa está a disposición de todos os usuarios que queran consultalo grazas ao novo boletín informativo AS7Parroquias, que detalla todas actividades que se celebrarán na vila, ademáis de outras citas culturais importantes que se celebrarán ao longo dos próximos meses. Pódese descargar na páxina web do Concello.
Non só as festas teñen cabida neste espazo adicado á Patroa, se non tamén todo tipo de actividades que, como se puido demostrar coa Semana do Neno, teñen unha gran diversidade e acollida dentro do seu público.
Facéndolle o relevo aos máis pequenos, hoxe pola tarde, ás 17.30 horas, dará comezo a Carreira Popular que fará un percorrido polas rúas da vila con saída e chegada na Praza Roxa. Os interesados deberán estar nesta misma ubicación unha hora antes, co fin de facer a inscripción e retirar o dorsal.
Acto seguido, ás 20.30 horas, o Cedeira S.D. enfrentarase ao Meirás C.F. nun partido benéfico en favor da Asociación Española Contra o Cancro, no campo Municipal O Beco. A entrada ten un prezo de 3 euros que vai ser doado integramente á asociación.
Sonreiras Café&Bar acollerá, hoxe ás 19.30 horas, a última charla do Cedeciencia. Jorge Salgado será o encargado de falar dos edificios intelixentes e a enerxía do futuro, mentres que, Roberto Mourente presentará o patrimonio biolóxico máis descoñecido da Serra da Capelada.
Santo André
Todos os sábados até o último de setembro, estarán dispoñibles as visitas guiadas a Santo André de Teixido e, os domingos aquelas destinadas a Cedeira e o mar. Ambos percorridos son de balde mais precisan dunha inscripción previa que se pode facer a través da páxina web cedeira.gal ou vía telefónica, mandando un WhatsApp ao número 660 05 83 48.