“Son unha muller de 50 anos, aínda creo no traballo”, di a cedeirense entre risas, sendo máis que consciente dan gran carreira que leva ás costas e valorando o gran traballo que supoñen casi trinta anos enriba das táboas e debaixo dos focos.
Non dubida da maxia dos escenarios e do calor que é tocar diante dun público que xa a coñece pero, a pesar de que disfruta o aplauso, a recompensa tamén está dentro de proceso creativo, no traballo en equipo.
A de Cedeira di que este foi “un dos concertos que tiña que salir si ou si nesta temporada de verán”, e desfaise en boas palabras ao falar dun público tan especial como son os seus propios veciños, “sempre me sentín moi querida na casa e valoro o respecto, o aprecio, a admiración e o cariño”.
Temporalidade
É un espectáculo que ven cargado de emocións. Ela fala de que hai “unha parte oscura dentro do concerto seguido dun ambiente máis popular, despois hai unha apertura á exaltación da propia música”. “É un pop feito cunha identidade determinada (a súa), un espectáculo de vida e, nesta, pasan moitas cousas”, anuncia a cantante de cara á súa actuación.
A música é a súa “optica que teño con respecto ao mundo, a forma que teño de ver o entorno que me rodea”, pero non se materializa de forma individual, “este espectáculo está inspitado en mulleres diferentes, con vidas, inquedanzas e apetencias”.
Ela vai formar parte dunha das noites máis especiais dentro das festas de Cedeira deste ano. A noite do venres 16, a penúltima dentro destas festividades, poderase desfrutar da actuación na Praza Roxa, a partir das 22.30 horas. Compartirá escenario con Banda Xangai, outra agrupación que xa ten unha bagaxe considerable pola contorna local.