A Deputación financia con 16,9 millóns obras, servizos e programas en Ferrol, Eume e Ortegal

A Deputación financia con 16,9 millóns obras, servizos e programas en Ferrol, Eume e Ortegal
Un instante da sesión plenaria desta mañá I Cedida

O pleno da Deputación da Coruña aprobou este venres, por unanimidade, a última achega adicional de 25 millóns de euros para o Plan Único (POS+ 2023), acadando un orzamento total de 88.548.408 euros. O organismo provincial asigna as cantidades que corresponden a cada un dos 93 municipios da provincia coruñesa “en base a criterios obxectivos (poboación, superficie, número de parroquias...) e son os propios concellos os que deciden o destino final dos fondos”, explica.


“A creación do Plan Único supuxo multiplicar por catro o investimento(...). Hoxe máis de 3.900 obras e unha parte importante dos servizos municipais dos que gozan os cidadáns contan co apoio económico da Deputación”, indicou o presidente, Valentín González Formoso, en referencia ao POS+, “o maior plan de obras e servizos das catro deputacións galegas e un dos máis importantes de España”.


No caso das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, a consignación desta última achega ascende a un total de 16.935.961 euros –15.600.338 correspondentes a obras e gasto corrente e 1.335.622 euros a gasto social–.


Así pois, con cargo ao Plan Único os municipios coruñeses financiaron nos últimos anos 3.920 intervencións, das que case 400 (396, concretamente) corresponden á anualidade de 2023. Na zona de Ferrolterra o número de actuacións que contarán con ditos fondos este ano será de 89. “Trátase dun volume moi importante de obra pública que contribúe tanto á creación de emprego e actividade económica como á modernización e mellora das infraestruturas municipais”, resaltan desde o organismo que preside Formoso.

 

Mocións

Noutra orde de asuntos, o pleno da Deputación da Coruña aprobou tamén unha moción presentada polo PSOE e o BNG na que se insta á Xunta a axilizar a tramitación dos permisos sectoriais por parte das consellerías responsables a un máximo de dous meses.


O obxectivo é que se facilite a execución de melloras e investimentos na rede provincial de estradas. “Moitas das obras programadas nos máis de 2.000 quilómetros de estradas dependen das autorizacións de distintos departamentos dependentes da Xunta que se demoran durante prazos demasiado longos debido a trámites burocráticos”. 

A Deputación financia con 16,9 millóns obras, servizos e programas en Ferrol, Eume e Ortegal

Te puede interesar