Lucero del Alba organiza este venres, a partir das 18.30 horas, unha nova edición do Festival da Canción Mariñeira no paseo marítimo de Xuvia en Neda. O encontro celebra as súas vodas de prata este ano. Participarán, en primeiro lugar, Añoranzas, Club de Campo e Só Elas, tres das agrupacións con máis sona de Ferrol. Estas compartirán escenario coa Rondalla Mugardesa e coa anfitrioa, Lucero del Alba.
María Porto ocuparase de conducir o evento, que conta coa colaboración do Concello e da Deputación da Coruña. Despois das actuacións das rondallas ofrecerase unha degustación de mexillóns a 5 euros a ración, que inclúe pan e bebida. Esta parte terá amenización musical a cargo de Alberto Bellón e un sorteo de agasallos.