O Mosteiro aresano de Santa Catalina contará cunha nova iluminación ornamental

O Mosteiro aresano de Santa Catalina contará cunha nova iluminación ornamental
Exteriores do Mosteiro de Santa Catalina I Jorge Meis

O Concello de Ares anunciou nos últimos días a concesión dunha subvención da Axencia de Turismo de Galicia que lle permitirá levar a cabo a actuación para dotar ao Mosteiro de Santa Catalina dunha nova iluminación ornamental. Así pois, o investimento total para o proxecto ascende a 47.805 euros, dos que 30.000 procederán de dita axuda.

 

A concelleira de Urbanismo, Olimpia Marcos, explicou que o obxectivo principal da intervención é “sanear e realzar as fachadas do Mosteiro, tanto a principal como a lateral dereita”. Para iso, levarase a cabo a substitución e instalación de equipos de iluminación ornamental nos paramentos exteriores. Retiraranse as actuais luminarias tipo vila, brazos e cableado, e dotarase ao inmoble dunha nova iluminación, “adecuada para a correcta observación dos seus detalles arquitectónicos”.

 

Dende o Concello indican que o campanario recibirá unha atención especial nesta renovación, coa instalación de oito luminarias lineais nas bases das columnas, “o que resaltará a súa presenza durante a noite”. 

O Mosteiro aresano de Santa Catalina contará cunha nova iluminación ornamental

Te puede interesar