O Consistorio nedense organiza hoxe, ás 19.30 horas na Casa das Palmeiras, unha charla informativa para abordar o Plan de mellora da Seguridade e Accesibilidade das paradas de autobús que promove a Xunta e que recolle 32 intervencións no municipio. A conferencia correrá a cargo do arquitecto municipal e está aberta á veciñanza en xeral.
Este proxecto atópase agora mesmo en fase de información pública, polo que se poden presentar alegacións en caso de consideralo convinte.
Dito plan busca reforzar a seguridade, mellorar o equipamento das paradas e favorecer a mobilidade na súa contorna. Recolle, por exemplo, a instalación de ramplas de acceso e a creación de sendas peonís entre elas.