No íntimo dun patio con flores, mesa de pedra e cadeiras vermellas espera o tan renomeado deseñador gráfico, Pepe Barro (Pontedeume, 1955). Esa é a súa casa, a mesma que abandonou en 1973 para ir estudar a Compostela, a mesma á que voltou hai apenas cinco anos.
A libreta e a pluma sempre preto, polo que poida xurdir. As súas ideas que o levaron ao palmarés en varias ocasións. A máis recente en 2017, co premio de Honra do Cluster da Comunicación Gráfica de Galicia
Despois dunha traxectoria como a súa, pouco queda por contar mais aínda queda que sacar do tinteiro.
Na era dixital, pluma e papel?
Si, a miña libreta é un diálogo cun mesmo. Tomas notas, desenvolves ideas e, a pesar de que o traballo co ordenador é máis directo, sempre hai unha primeira achega a o traballo cunha libreta.
Dentro dunha traxectoria tan ampla, hai algunha obra á que lle teña un amor especial?
Tiña 18 anos en 1973, e fixen unha serie de cinco cartazes– con texto e imaxes– sobre o conto Carta do Pai, de Darío Xoan Cabana.Vendéronse mil, primeiro en Galicia, na segunda tirada outras tantas marcharon a Suiza. Foron baixo corda, vendéronse de man en man e publicáronse de forma anónima.
Tamén teñen un oco importante o deseño do primeiro ano do Cuponazo da ONCE (1987-1988) e, por suposto, estar detrás da identidade visual da Selección Galega de Fútbol na súa volta aos campos en 2005.
Pola contra, haberá algunha que non saiu, non si?
A identidade corporativa para a Universidad de Vigo. Estivo a piques de seren realidade, pero crearon un concurso no que o noso proxecto non foi elixido.
O mesmo pasou coa Universidade de Santiago de Compostela. Desenvolvimos un proxecto pero non chegamos a un acordo. Despois houbo un concurso, pero non nos presentamos.
Hai moito traballo oculto que non se viu, porque non resultou elexido e, persoalmente, gustaríame facer unha mostra con todo aquilo que foi rexeitado ao longo dos anos... Que son moitas cousas.
Seguindo coas universidades galegas, queda a UDC. Un logo que na actualidade leva a xente en bolsas de tela, pulseiras ou incluso camisetas. Qué supón iso para o seu creador?
É unha gran satisfacción ver que o teu traballo é querido. É do mellor que che pode dar esta profesión.
Esta versatilidade é unha cualidade innata do deseño?
Si, ten moita trascendencia pero é algo común para todas as marcas dentro do mundo contemporáneo. Pódeste relacionar case de forma emocional.
O deseño vais máis alá do papel. Como foi no seu caso?
No meu caso, una cuestión da que estou orgulloso é da participación na renovación da Casa de Rosalía de Castro en Padrón, pero cando coseguiron comprar a casa alí non había nin rastro da vida de Rosalía.
Eu empecei a traballar no 2011, aproximadamente, mais antes tiven que entendelo. Responder á pregunta de como vivían alí é moi complicado.
Non se trataba de ver unha casa, porque non se pode conxelar o momento, senón sería unha reliquia. Tiñamos que explicar quen era Rosalia de Castro e quen eran o seu home e fillos.
Plantexei a mestura entre obras de arte, obxectos e obras audiovisuais que conseguiran máis dinamismo.
A pesar de todo este traballo, o Ateneo Ferrán Martís tivo un oco na súa vida...
Si, eu estiven dende a súa fundación, de feito o nome foi unha proposta miña.
Despois marchei, e ao final foron casi 50 anos vivindo fóra de Pontedeume. Houbo un parón, pero dende hai cinco anos, cando volvín, integreime no grupo de novo.
Aínda así, sempre existiu unha colaboración con outras entidades culturales. Cando marchei para Santiago aos 18 anos estiven involucrado coa Asociación Cultural O Galo. Despois en Barcelona tamén.
Sempre que puiden fun parte do mundo cultural, é ao mesmo tempo isto é unha porción da miña identidade a día de hoxe.
Xa para rematar, cuestión persoal. Despois do traballo literario que ten realizado, con qué obra arriscaría se lle deixaran elixir?
É unha pregunta dificil, pero creo que sería o Ulises de James Joyce, pero non teño nin idea de cómo meterlle o dente.