O Concello de Neda abre o prazo de inscrición para o itinerario gratuíto, programado para o día antes da xornada de exaltación do produto.
Partirá ás 10.00 horas da área recreativa de Maciñeira, discorrendo río arriba, en paralelo ao curso fluvial do Belelle, ata chegar a fervenza. Un total de case 7 quilómetros.
“As persoas participantes –adiantan os nedenses– que tomen parte nesta camiñada poderán descrubir distintos aproveitamentos que, ao longo da historia fixeron que o Belelle fose clave no desenvolvemento económico de Neda”. Refírense, neste caso aos antiguos muíños que seguen en pé ou a histórica central hidroélectrica, que abastecía á cidade de Ferrol.
A actividade é gratuíta mais precisa dunha inscrición que se pode facer a través do número 981 390 233.