Un total de 15 locais hostaleiros de Narón participan na ruta de degustación do Pemento do Couto

Un total de 15 locais hostaleiros de Narón participan na ruta de degustación do Pemento do Couto
Dende o Concello agradecen a colaboración dos produtores e comercializadores que fan posible degustar esta hortaliza | Cedida

O Concello de Narón iniciou onte a Ruta degustación do Pemento do Couto, unha iniciativa dirixida ao sector hostaleiro da cidade na que participarán, ata o próximo  luns 17 de xullo, un total de quince establecementos da localidade.


“Coincidindo coa campaña do pemento do Couto retomamos un ano máis esta proposta, que permitirá degustar nos establecementos participantes, tapas elaboradas con pementos do Couto coas consumicións realizadas”, afirmou a concelleira de Promoción Económica, Olga Ameneiro.


A edila avanzou que as persoas que desexen probar as diferentes elaboracións desta experiencia gourmet poderán facelo nos seguintes locais: Nueva Orleáns, El Colonial 1920, Australian, Mamá Flora, Tyché, Casa Sindo, La Continental, O Lugar, La Siete Catorce, Silver, La Perfet@, O Rincón do Trini, no ambigú da Asociación de Veciños Altea, A Roldana e El Olivo Cocina & Bar.


“Nestes días teremos a oportunidade de acudir a estes locais para degustar diferentes elaboracións cun dos produtos por excelencia de Narón, o pemento do Couto, cun sabor inconfundible e que está en pleno auxe de produción e comercialización”, remarcou a resposable municipal.


Dende o Concello agradecen a colaboración de todas as persoas que se uniron a dita campaña e tamén o traballo de todos os produtores e comercializadores que fan posible poder degustar esta hortaliza, cun sabor inconfundible e moi apreciado.

 

Showcooking

Ameneiro lembrou que esta mesma tarde, ás 19.00 horas no local social do Couto, terá lugar un showcooking a cargo do prestixioso cociñeiro Adrián Pérez, aberto á asistencia da cidadanía ata completar aforo.


Mañá, na citada parroquia, celebrarase a XXIII Festa Gastronómica do Pemento do Couto. 

Un total de 15 locais hostaleiros de Narón participan na ruta de degustación do Pemento do Couto

Te puede interesar