Os traballos de dragado en dúas zonas do porto cariñés comezarán o vindeiro luns

A alcaldesa, Ana María López, apuntou á importancia desta intervención
Os traballos de dragado en dúas zonas do porto cariñés comezarán o vindeiro luns
Traballos na zona portuaria | Concello

O Concello de Cariño informou de que o vindeiro luns 7 de outubro darán comezo os traballos de dragado en dúas zonas do porto, unha operación “muy esperada en el municipio y que cuenta con la colaboración de la Consellería do Mar y Portos de Galicia”, explican desde o Consistorio.


En concreto, o proxecto consistirá na extracción de máis de 20.000 metros cúbicos de area na zona da rampla e na dos peiraos de atraque comercial. A intervención conta cun orzamento base de 677.000 euros, sendo a última das obras proxectadas na área portuaria da vila, despois das diferentes actuacións que se realizaron nos últimos meses –tales como a limpeza derivada do retraso técnico no proceso de licitación do dragado–.


A alcaldesa, Ana María López, apuntou á importancia desta intervención “por el gran impulso que supone para el puerto, que a partir de ahora será una zona más accesible para todos”. A rexedora agradeceu a “ambiciosa apuesta de la Xunta por nuestra localidad motivada por el diálogo continuo del equipo de gobierno con las instituciones”. 

Os traballos de dragado en dúas zonas do porto cariñés comezarán o vindeiro luns

Te puede interesar