Tres actividades ata decembro no programa Guizo de Narón de fomento do galego en menores

Tres actividades ata decembro no programa Guizo de Narón de fomento do galego en menores
Cartel do programa do Servizo de Normalización Lingüística naronés I Cedida

O consistorio naronés prepara, dende a Concellaría de Política Social que dirixe María Lorenzo, tres novas actividades do programa municipal “Guizo”, encamiñado a mellorar a socialización en galego dos pequenos

 

Así, no último trimestre do ano desenvolverase unha proposta por mes, para as que é preciso anotarse previamente –no correo electrónico a.pita@naron.gal, facilitando os datos de contacto–. As actividades terán lugar no centro cívico social do Couto e diríxense a menores de entre 6 e 12 anos e ás súas familias, cun total de 15 prazas.

 

A primeira destas actividades consistirá nun obradoiro de “Saquiños de olores”, este mesmo sábado. Será entre as 11.00 e as 11.30 horas e nela as familias escollerán os seus olores favoritos de plantas como a menta, a rosa ou a canela, para realizar un percorrido sensorial a través do cal coñecerán tamén as súas propiedades.

 

Xa no vindeiro mes, en novembro, o Concello organiza “Sementando Futuro”, que comezará ás once da mañá e no que se empregarán materiais de refugallo achegados polos asistentes e sementes autóctonas, “para aprender os pasos correctos para crear e manter un viveiro propio”.

 

Finalmente, o 16 de decembro, entre las 11.30 e as 12.30 horas, terá lugar “O gran xogo da reciclaxe”. Nesta proposta as familias aprenderán a reciclar e reducir residuos, diminuíndo o gasto enerxético nos fogares e coñecendo a relevancia da biodiversidade.

“Fomentar a creatividade das nenas e nenos, facer que valoren a importancia de coidar a natureza e a adquisición de coñecementos para trasladar á súa vida cotiá vivindo experiencias divertidas e emocionantes en galego forman parte dos obxectivos que perseguen este programa”, remarcan dende o executivo naronés.

 

Aquelas persoas interesadas en coñecer máis información sobre estas actividades poden contactar co Servizo de Normalización Lingüística de Narón ou consultar a web www.naronengalego.gal.

Tres actividades ata decembro no programa Guizo de Narón de fomento do galego en menores

Te puede interesar