Tres xornadas para celebrar o Día das bibliotecas en Neda

Tres xornadas para celebrar o Día das bibliotecas en Neda
Neda quere valorizar o papel das bibliotecas I CEDIDA

O Concello de Neda sumarase un ano máis á conmemoración do Día das Bibliotecas, que se celebra o 24 deste mes cun ciclo con espectáculos de dinamización para 300 escolares. 


Esta proposta chega ao municipio baixo o nome “Do cole á biblio”. A iniciativa, que contará con tres espectáculos, desenvolverase na Casa da Cultura e estará dirixida ao alumnado de Infantil e Primaria dos CEIP de Maciñeira, San Isidro, así como Semente de Trasancos.


Esta programación de-senvolverase co apoio do programa “Ler conta moito”, da Rede de bibliotecas públicas de Galicia, e incluirá o as xornadas de mañá, o martes e o mércores, sempre ás 12 horas, propostas de lecer para achegar ao público infantil da vila ao equipamento cultural, e convidalo a ler.


Como trasladaron dende o goberno local, “a conmemoración desta data busca destacar a importancia deste equipamento como gardiáns da cultura e da historia, e pór en valor o labor que desenvolven para fomentar o hábito de lectura entre o público infantil”.


O programa


O Concello previu este espazo para o desfrute de algo máis de 300 estudantes da localidade, con propostas diferenciadas durante as tres xornadas.


O alumnado de cuarto, quinto e sexto de primaria dos colexios nedenses poderá desfrutar o luns do espectáculo de ilusionismo “En sanmaín toca... maxia”, con Óscar Fernández. 


O martes será a quenda dos máis pequerrechos. Os nenos e nenas de Infantil terán ocasión de divertirse e mover o esqueleto con Paco Nogueiras e o seu “Brinca vai! De aquí e acolá”.


Por último, serán os estudantes de primeiro, segundo e terceiro de Primaria quenes desfrutarán o mércores con “Contos de lobo”, una proposta teatral interactiva de Ghazafelhos, cun toque de maxia e de circo

Tres xornadas para celebrar o Día das bibliotecas en Neda

Te puede interesar