Xornada de dispersión dos xabarís para que abandonen o núcleo urbán de Cedeira

Con este mesmo motivo, prégase evitar a circulación en vehículos e sobre todo a pé
Xornada de dispersión dos xabarís para que abandonen o núcleo urbán de Cedeira
Un xabarín en zona urbana nunha imaxe de arquivo | Cedida

Dende esta mañá de sábado ás nove, o concello de Cedeira está disposto a quedar libre, na súa zona urbana, de xabarís. Para facer fronte aos danos que ocasionan estes animais, organízase unha xornada de dispersión animal na zona da Madalena e O Beco, coa intención de sacalos do casco urbano e redirixilos a zonas de monte.


Colaborará nesta actividade a Asociación de Cazadores de Cedeira, que aportará con persoal e cans, para levar adiante esta actividade, na que non se empregarán escopetas na zona urbana da vila. Co fin de que todo se desenvolva con normalidade, a Policía Local e a asociación de Protección Civil de Cedeira establecerán un límite de velocidade, avisos de posibles cortes de tráfico na estrada AC-566 desde o tramo da Camposa ata O Sálvora, no que se poderá manter a circulación, pero a velocidade reducida, para evitar accidentes polo posible paso dos xabarís. 


Con este mesmo motivo, prégase evitar a circulación en vehículos e sobre todo a pé, entre as 09.00 e as 11.00 horas, polas seguintes zonas: O Beco, A Madalena, San Isidro, Laboreña, Cordobelas e Campo da Cruz. 

Xornada de dispersión dos xabarís para que abandonen o núcleo urbán de Cedeira

Te puede interesar