Gadis súmase, un ano máis, á celebración do Día das Letras Galegas. Neste 2024, volve apostar por un formato orixinal co caderno de actividades “Flores e letras”. Unha publicación para emprender unha viaxe ao pasado da literatura galega e coñecer curiosidades dos autores e publicacións máis universais.
Gadis repartirá exemplares do caderno aos seus clientes o 16 de maio, ata esgotarexistencias e tamén os agasallará con marcapáxinase bolsas dando conta da celebración. O caderno tamén se poderá descargar na web webwww.gadisletrasgalegas.gal a partir do 15 de maio. Ademais en vindeiras datas terá lugar unha acción especial en A Coruña, cidade natal da homenaxeada deste ano, Luísa Villalta.