Aberto o penúltimo prazo para a matrícula nos graos do Campus

Este xoves é a data límite para a formalización do proceso
Aberto o penúltimo prazo para a matrícula nos graos do Campus
Imaxe da última convocatoria da ABAU | JORGE MEIS

O prazo para inscribirse nas titulacións de grao xa está dispoñible para aqueles que aínda non formalizaron a súa matrícula. Entre as titulacións de grao e dobres graos que se imparten en Ferrol, mantéñense abertas tres formacións.


Os graos en Enxeñaría Eléctrica, Relacións Laborais e Recursos Humanos, así como en Xestión Dixital de Información e Documentación, son as titulacións con vacantes, todas elas cunha nota de corte mínima inferior aos seis puntos. A Comisión Interuniversitaria de Galicia publicou onte o oitavo dos nove chamamentos para efectuar a matrícula, que pode realizarse dende as 00.01 horas e permanecerá en activo até as 23.59 deste xoves

Aberto o penúltimo prazo para a matrícula nos graos do Campus

Te puede interesar