Aberto o prazo de matrícula para os graos no segundo chamamento

Nesta convocatoria pecháronse as inscricións na formación superior en Enfermaría, que baixou a súa nota
Aberto o prazo de matrícula para os graos no segundo chamamento
Imagen de uno de los talleres impartidos en el Campus, en este caso correspondiente al grado de Xestión Industrial da Moda | CEDIDA

As universidades públicas galegas abriron martes un novo período de matrícula nas titulacións de grao e dobres graos, tras efectuar onte o segundo chamamento. No Campus Industrial de Ferrol pechouse unha das modalidades, mentres que cinco delas mantéñense abertas.


O alumnado que fora convocado a matrícula na súa titulación preferente, pode formalizala dende pasada a medianoite de onte. É dicir, o prazo para realizar este proceso de inscrición abriu hoxe ás 00.01 horas e manterase activo até o mércores 17 de xullo ás 23.59, seguindo o calendario da Comisión Interuniversitaria de Galicia –CiUG–.


Entre os 14 títulos desta clase que se imparten no Campus de Ferrol, adscrito á UDC, oito xa teñen as matrículas pechadas dende o primeiro chamamento. Ademais, nesta convocatoria sumouse o grao en Enfermaría, cuxa nota de corte baixou dos 11,202 aos 11,150 puntos. Pola contra, continúan abertas as inscricións nas Enxeñarías Eléctrica e en Tecnoloxías Industriais, Podoloxía, Relacións Laborais e Recursos Humanos e Xestión Dixital de Información e Documentación.


No caso de que o interesado fora convocado nunha titulación que non é a da súa primeira preferencia, este poderá agardar ás sucesivas convocatorias para matricularse, mentres non peche a matrícula nas titulacións que escolleu con maior prioridade, xa que poderían producirse anulacións. Para realizar este proceso, o solicitante deberá marcar na plataforma NERTA que desexa continuar na “Listaxe de Agarda”

Aberto o prazo de matrícula para os graos no segundo chamamento

Te puede interesar