Os actos conmemorativos do Día das Letras Galegas prolónganse durante todo o mes

Os actos conmemorativos do Día das Letras Galegas prolónganse durante todo o mes
Luísa Villalta fue articulista y traductora, además de haber escrito poesía, narrativa, teatro y ensayo | CEDIDA

O mes de maio trae diversas actividades con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, que cada ano se conmemora o día 17. Nesta ocasión, o Concello de Ferrol, xunto á Agrupación de AAVV da Zona Rural, homenaxea á escritora elixida pola Real Academia, Luísa Villalta.


Na presentación que tivo lugar onte, a concelleira de Política Lingüística, Patricia Cons, apuntou que o acto central do 17 de maio celebrarase no local social da AVV de Covas. Aparte de servir para coñecer algo máis do traballo da poetisa, nesta ocasión, actuarán as rondallas Santa Uxía de Mandiá e Club de Campo, ademais do Real Coro Toxos e Froles.


Patricia Cons destacou a labor da autora protagonista deste ano, por ser “creadora dunha obra única que a converteu nunha das grandes figuras da literatura galega na segunda metade dos anos 80 e principios dos 90, segundo a Real Academia Galega”.


No marco desta celebración encádranse outras actividades como a entrega de premios e presentación da exposiciónpertencente á edición número 24 do certame de creación artística Poesía e Imaxe, que este ano leva o sobrenome de “En galego, sen filtro”. O acto está organizado pola Concellería de Política Lingüística, xunto coa Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra.


A mostra inaugúrase este luns ás 19.00 horas, no salón de actos do Centro Cultural Carvalho Calero. Nesta sesión, os participantes seleccionados recibirán un agasallo conmemorativo do certame xunto cunha reprodución do traballo artístico que presentaron.


As obras escollidas nesta edición proceden de 13 centros educativos, dos que un pertence ao concello de Valdoviño e o resto ao de Ferrol. En total, participan 56 alumnos cos seus traballos individuais e dous de carácter colectivo de educación infantil.


O martes 7, ás 19.00 horas, continúa o programa Apego na capela do Torrente Ballester, na que se ofrecerá un espectáculo de monicreques a cargo de Babaluva Teatro. O 30 de maio, tamén ás 19.00, sube ao mesmo escenario a compañía Trémola. 

Os actos conmemorativos do Día das Letras Galegas prolónganse durante todo o mes

Te puede interesar