Actos na honra da escritora e pensadora Concepción Arenal Ponte

O primeiro terá lugar no Concello e o segundo na súa casa natal da rúa Real
Actos na honra da escritora e pensadora Concepción Arenal Ponte
A casa natal de Concepción Arenal localízase no número 177 da rúa Real | DANIEL ALEXANDRE

O 4 de febreiro de 1893 morría en Vigo a escritora e especialista en dereito penal ferrolá Concepción Arenal Ponte. Este acontecemento conmemórase o martes con dous actos organizados polo Concello.

 

En primeiro lugar, ás 11.00 horas no salón de recepcións da casa consistorial, terá lugarunha charla-coloquio a cargo de Asunción López Arranz, avogada, doutora en Dereito, profesora da UDC e investigadora social de AMIT-Gal. A homenaxe a esta figura revolucionaria, non só por ser unha das precursoras do feminismo, senón tamén pola denuncia de desigualdades sociais, rematarán ás 12.00 cunha ofrenda floral na súa casa natal da rúa Real 177.

Actos na honra da escritora e pensadora Concepción Arenal Ponte

Te puede interesar