Esta mañá de sábado, dende as 11.00 horas, reuniranse os primeiros interesados en participar no obradoiro de creación de xigantes e cabezudos, que propón a asociación cultural Artábria no seu centro social, na Travesía de Batallóns.
Trátase dunha xuntanza que se propón como a primeira toma de contacto para a formación dun grupo de traballo que se centre na elaboración artesanal destas pezas tradicionais.