Esta tarde de xoves, ás 19.00 horas, a capela do centro cultural Torrente Ballester acollerá o acto de presentación do catálogo da exposición “Desassossegos”, de Manuel Patinha.
A mostra, que foi inaugurada o pasado mes de outubro na sala expositiva das mesmas instalacións, incluía unha gran diversidade de formatos que practica o seu artífice, o artista portugués afincado en Montecoruto Manuel Patinha. Así, as pezas iban dende fotografía até escultura, entre outras, e estarán recollidas nun exemplar que se agasallará ao público.