A Rede para o Decrecemento convoca un acto no Ateneo Ferrolán hoxe venres, ás 19.30 horas, co título “50 anos dos límites do crecemento”, referenciando o informe “The Limits of the Growth” que redactara o Club de Roma no 1972. Nesta ocasión, a charla será impartida polo xeólogo vigués Óscar Pazos e presentada por Ana B. Santiago.
O protagonista da conferencia-coloquio traballou en xeoloxía mariña, medio ambiente e xeotecnia, amais de asinar libros como “A intervención da Gallaecia e a minaría do ouro”, “29 xeolugares arredor da ría de Vigo” ou “O Colapso. 50 anos dos Límites do Crecemento”. Sobre esta última obra xirará o encontro, que organiza a Rede de Decrecemento Eo-Navia/Galiza/O Bierzo para poñer o foco na multiplicación por catro da producción económica mundial dende 1972.