Este verán faleceu no concello a profesora e poeta Julia Uceda, que fai tres anos conseguira a Medalla de Oro al Mérito en las Bellas Artes. Aínda que naceu en Sevilla, o seu vínculo coa cidade desencadeou que a súa biblioteca vaia conservarse neste territorio, concretamente na Domus Ecclesiae, que pertence á Diócese.
“Había catro estanterías cheas de libros moi interesantes e importantes e todos non cabían en dependencias municipais”, xustificou o concelleiro de Cultura, José Antonio Ponte Far, no acto de onte no Concello con motivo da comunicación. O alcalde, José Manuel Rey Varela, acompañou ao edil xunto ao bispo da Diócese, Fernando García Cadiñanos.
Julia Uceda, Premio Nacional de Poesía pola antoloxía “En el viento, hacia el mar”, posuía unha ampla e diversa biblioteca en Serantes, onde residía. Entre as obras, atópanse algúns dos máis antigos da literatura universal, como o Corán ou Mahabhárata.
“Julia estaría moi satisfeita de ver que a súa biblioteca compartirá espazo coa do seu amigo Fernando Bores, e as dúas na cidade que a acolleu durante cinco décadas”, afirmou o alcalde. Este espazo tamén se albergará os libros de medicina do psiquiatra Rafael González Palacios, esposo de Uceda, finado en 2017.