Como antesala ás xonadas de Equiocio Ferrol que comezarán este xoves Covas vaise converter nun centro lúdico para os máis novos da casa, que contarán con obradoiros, xogos ao aire libres e breves charlas.
Mañá mércores, o Campo das Cabazas será un lugar de encontro entre nenos e adolescentes, no que se tratarán cuestións relativas ao medio mariño, a súa protección ambiental e ao aproveitamento dos seus produtos.
Esta iniciativa –presentada polo Equiocio e a Consellería do Mar– é completamente de balde e non se necesita ningún tipo de inscripción previa. Mañá as actividades comezarán ás 12.00 horas ata ás 14.00, cunha pausa a mediodia. Pola tarde, reanudaranse ás 17.00 e finalizarán ás 20.00.
Esta é “unha oportunidade de participar en charlas de temática ambiental e de gozar da zona de inchables, e de xogos dirixidos ao aire libre”, contan dende a organización.
As actividades serán continuas durante toda a xornada e, a pesar de que contan con que a xornada teña éxito, os grupos van ser reducidos –entre 10 e 15 nenos en cada un– o que permite, por un lado, un sistema de rotación dentro das diferentes propostas e, polo outro, unha atención máis individualizada de cara a un público ben esixente.
Dentro desta maratoniana xornada, haberá obradoiros de plástica e de cociña que se adaptarán ás diferentes idades dos grupos.
”Cos primeiros buscarase poñer en valor a biodiversidade dos nosos océanos, e dar a coñecer a actividade pesqueira. Nos segundos, descubrirán a variedade dos produtos do mar, con especial atención ás algas, e os beneficios de incorporalos á dieta, aprendendo ademais a preparar snacks”, explica a organización.
Esta previa do renomeado Equiocio está orientada ao público infantil, a partires dos tres anos