Centos de escolares cantaron onte á primavera nun Ferrol “de frores cuberto”

Centos de escolares cantaron onte á primavera nun Ferrol “de frores cuberto”
Un momento da festa celebrada onte na Praza de España I D.A.

Logo do parón ocasionado pola pandemia, os maios escolares regresaron onte esplendorosos á Praza de España. Máis dun milleiro de alumnos e alumnas de once centros educativos da cidade (San Rosendo, Terra de Ferrol, Ponzos, Esteiro, Ludy, Isaac Peral, Lestonnac, Jesús Maestro, Compañía de María, Manuel Masdías e Ángela Ruiz Robles) secundaron a quinta edición da iniciativa “Ferrol de frores cuberto”, impulsada desde a Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra.


Todos eles foron subindo polo escenario para amosar as súas coloridas composicións florais –entre as que había recreacións dun barco ou dunha buxaina, entre outras figuras– e interpretar as coplas –con danza incluída nalgún caso– en homenaxe á primavera.


O artista Pakolas encargouse de animar o ambiente dunha concorrida cita que contou tamén coa colaboración de Gadis, a través da subministración das merendas para os rapaces.

Centos de escolares cantaron onte á primavera nun Ferrol “de frores cuberto”

Te puede interesar