O Centro Comercial Odeón sorteará a través das súas redes sociais (Facebook e Instagram) unha camiseta asinada por todos os xogadores do Racing de Ferrol.
As persoas que queiran participar poderán facelo ata un minuto antes da medianoite do mércores 17 de xaneiro. O sorteo realizarase ao día seguinte, o xoves 18, a través da plataforma Easypromos. Extraerase un gañador ou gañadora e tamén dúas persoas de reserva.
Os interesados deben ser seguidores das contas do centro comercial nas redes sociais xa citadas, (Facebook ou Instagram). Hai que darlle un “gústame” á publicación que se faga na conta oficial relativa a esta promoción. Tamén, nos comentarios, se debe explicar con quen se iría ver un partido do Racing de Ferrol ao estadio da Malata. No caso do Instagram é preciso ademais que se comparta a publicación na propia historia do participante.
A campaña comezou o venres 12 e converteuse nun éxito inmediato. No Instagram acumula case 2.000 comentarios de persoas que contestan á pregunta de con quen irían ao fútbol e no Facebook achéganse ao millar as interaccións, proba do interese que espertan as iniciativas que teñen que ver co Racing, que vive un momento estelar.