Preto de 1.300 escolares déronse cita onte na praza de España nunha nova edición de “Ferrol de frores cuberto”, organizado polas Equipas de Normalización Lingüística na cidade naval.
A choiva frustrou a xornada, que tivo que rematar antes do previsto aínda que houbo unha carpa e contou coa actuación de Pakolas.