O CIFP Ferrolterra gaña o InnovaTech cun sistema para o crecemento de especies forestais

O CIFP Ferrolterra gaña o InnovaTech cun sistema para o crecemento de especies forestais
Imaxe de onte no acto de entrega de premios do concurso | CEDIDA

A primeira edición do certame InnovaTech FP desvela aos seus galardoados, entre os que se atopa o CIFP Ferrolterra, que coma os outros nove traballos premiados, recibiu 10.000 euros para o desenvolvemento do seu proxecto.


Os participantes tiveron que facer fronte a 10 desafíos tecnolóxicos propostos por distintas empresas de referencia na comunidade galega. Poñendo o caso do centro educativo de Ferrol, a súa candidatura respondeu ao desafío de Finsa. Así pois, o CIFP Ferrolterra levou a cabo o reto da creación dun sistema de control de crecemento de especies forestais que permitise a monitorización das condicións ambientais.


O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP declarou onte no acto de entrega de premios que “as propostas premiadas son pioneiras e un exemplo do gran potencial que atesoura a nosa FP para contribuír a dar un salto de calidade tecnolóxico e innovador ao tecido produtivo galego”.


Trátase dunha iniciativa dirixida a centros públicos de ensinanza de Formación Profesional con dinámica de investigación, innovación e emprendemento. Os participantes organizáronse en equipos multidisciplinares e con distribución equitativa de xénero, procurando nas súas solucións aspectos como o impacto positivo no medio rural. 

O CIFP Ferrolterra gaña o InnovaTech cun sistema para o crecemento de especies forestais

Te puede interesar