A cociñeira do restaurante O Parrulo de Ferrol, Celestina Martínez, será unha das premiadas nunha nova edición do Forum Gastronómico da Coruña que comeza este luns. O certame volve reservar un espazo no seu programa de actividades para a entrega dos Premios Picadillo.
No tocante a Celestina Martínez, o galardón céntrase no ámbito da Cociña, no que o xurado recoñece o seu “labor de preservación da cociña tradicional galega” á fronte dun restaurante que ten a súa orixe nunha pequena tenda de ultramarinos aberta hai 60 anos por Celestina e o seu marido, e á que deu continuidade o seu único fillo, converténdoo nun referente na estrada de Catabois”, como poñen de manifesto desde o certame.