O Concello aproba a segunda prórroga do SAF por 2,5 millóns

O Concello aproba a segunda prórroga do SAF por 2,5 millóns
A Xunta de Goberno Local aprobou o prego este luns | Daniel Alexandre

A Xunta de Goberno local aprobou esta mañá a segunda prórroga do contrato administrativo correspondente ao servizo de axuda a no fogar (SAF) na modalidade de dependencia e libre concorrencia do Concello de Ferrol coa contratista Samaín Servizos á Comunidade


Esta segunda prórroga establécese por un período dun ano, comprendido dende o 1 de xullo deste ano ata o 30 xuño de 2025 ou ata a formalización dun novo contrato de producirse con anterioridade, que terá que ser nas mesmas condicións establecidas no contrato con data de 30 de xuño de 2021, cuia cesión foi autorizada por acordo plenario de data 29 de setembro do 2022, “con estrita suxeción ao estipulado nos pregos que rexen esta contratación e ás condicións ofertadas pola empresa adxudicataria”, cono precian desde o goberno municipal.


O gasto correspondente á segunda prórroga do contrato é por un importe máximo de 2,5 millóns de euros (IVE incluído).


O alcalde da cidade, José Manuel Rey Varela, avanzou sobre este acordo que “nas próximas semanas será aprobado o novo prego no que se contempla o SAF de dependencia como de libre concorrencia para que se poida iniciar a nova contratación”.

O Concello aproba a segunda prórroga do SAF por 2,5 millóns

Te puede interesar