Concello e Affinor organizan varios actos sobre fibromialxia

A administración local e a entidade pretenden así dar visibilidade a doenza
Concello e Affinor organizan varios actos sobre fibromialxia
Un momento da presentación, este venres no concello, dos actos | Cedida

A concelleira de Política Social e Inclusión do Concello de Ferrol, Rosa Martínez Beceiro, presentou este venres xunto coa presidenta de Affinor, Helena López, os actos que se van desenvolver con motivo do día mundial da Fibromialxia e da Fatiga Crónica que se conmemora o próximo 12 de maio.


A concelleira subliñou que “a través desta xornada tratamos de darlle visibilidade a unha enfermidade que padecen milleiros de persoas en España. Segundo datos oficiais, cada ano diagnostícanse no noso país arredor de 120.000 casos e estímase que existen casi dous millóns de afectados, aínda que o nivel de infradiagnóstico é moi alto”, sinalou a concelleira Rosa Martínez.


Así, no marco da visibilización e concienciación, o próximo día 10 levarase a cabo a lectura do libro de testemuños “Desafiando a Molière”, que recolle as experiencias persoais das socias de Affinor aqueixadas por esta doenza. A lectura, na que tamén participarán entidades sociais e veciñais da zona, realizarase no salón de recepcións do Concello de Ferrol ás 12.30 horas. 


Tamén o día 12, Día Mundial da Fibromialxia, no encontro do Racing de Ferrol contra o AD Alcorcón o equipo local sairá ao campo coa pancarta de Affinor ao inicio do partido. A presidenta de Affinor, Helena López, agradeceu a colaboración e implicación do Concello de Ferrol nos actos previstos para visibilizar a fibromialxia e a fatiga crónica. “As actividades están enfocadas para darlle visibilidade e que a sociedade coñeza esta doenza e a súas problemáticas”, explicou. 


Programa 


As propostas seguen o luns 13, ás 17.00 horas, no salón de actos Concepción Arenal do Campus de Ferrol, onde terá lugar a charla “Fibromialgia y Sueño”, que impartirán a psicóloga e doutora en Neurociencia Noelia Sanmartín e a terapeuta ocupacional Lucía Moreda. 


Segundo as investigacións, o sono e a dor están relacionados bidireccionalmente. O 90% das personas con fibromialxia teñen insomnio crónico ou algunha outra patoloxía do sono, principalmente síndrome de pernas inquietas ou apnea. A inscripción para tomar parte na sesión, ben sexa presencial ou en liña pode facer nesta ligazón


Unha mesa redonda coa participación de familiares das persoas con fibromialxia centrará a actividade do martes 14 no antigo Hospicio. Nela participará tamén a psicóloga de Affinor, María del Carmen López. 
Xa por último, o día 16 no centro cívico de Canido está previsto un taller de música e movemento impartido pola terapeuta Miriam Vizcaíno. O horario será de 17.00 horas a 19.00 horas. 

Concello e Affinor organizan varios actos sobre fibromialxia

Te puede interesar