O Concello de Ferrol alerta da presenza de medusas veleiro nos areais da cidade

O Concello de Ferrol alerta da presenza de medusas veleiro nos areais da cidade
Unha medusa velero | AEC

O servizo de socorrismo detectou a media mañá de hoxe a presencia de medusas veleiro nos areais de Doniños, San Xurxo, Marmadeiro, Ponzos e Sartaña. A media tarde apareceron tamén na praia de Esmelle.


A medusa veleiro, de nome científico Velella velella, é unha das poucas especies que viven sobre a superficie do mar, a diferencia do resto de medusas que viven en profundidades maiores. Segundo informan os expertos, a súa morfoloxía ten certa similitude coa carabela portuguesa, aínda que é de menor tamaño e o seu veleno é inofensivo para os humanos.


Dende Protección Civil recomendan non tocar estas medusas se están de cor azul, o que indica que están vivas e o contacto coa pel humana podería provocar unha reacción alérxica. 


A CEMMA- Coordinadora para o estudo dos mamíferos mariños- recomendou a retirada destas medusas dos areais, e así se está a proceder por parte de Protección Civil.
 

O Concello de Ferrol alerta da presenza de medusas veleiro nos areais da cidade

Te puede interesar