O Concello de Ferrol renova hasta 2040 a cesión a Aspanaes do antigo centro psiquiátrico de San Pedro de Leixa

O inmoble en cuestión xa o ocupa a entidade desde hai máis de trinta anos
O Concello de Ferrol renova hasta 2040 a cesión a Aspanaes do antigo centro psiquiátrico de San Pedro de Leixa
Un momento de una visita del alcalde y la concejala de Benestar Social a las instalaciones de Aspanaes en Ferrol |J.M. (AEC)

A concelleira de Patrimonio, Susana Sanjurjo, informou na comisión da área da proposta de ceder á Asociación de Pais de persoas con Trastorno do Espectro Autista da Coruña (Aspanaes) o uso temporal e gratuíto ata o ano 2040 sobre o edificio do antigo centro psiquiátrico situado en lugar de Fonteiroa, San Pedro de Leixa. 

 


Deste xeito, a entidade poderá seguir promovendo e facilitando apoios específicos e especializados para que cada persoa con trastorno do espectro autista e a súa familia poidan ter a atención que precisan a través de diferentes servizos como o de atención temperá, habilidades persoais, educativo e de atención residencial, entre outros.

 


O ben inmoble deberá dedicarse exclusivamente ás actividades de interese social que se recollen na memoria presentada pola asociación. Se o ben inmoble cedido non se destinase ao uso previsto dentro do prazo sinalado no acordo de cesión ou deixasen de estalo posteriormente, considerarase resolta a cesión e reverterá o ben ao Concello de Ferrol con todas as melloras realizadas.
 

O Concello de Ferrol renova hasta 2040 a cesión a Aspanaes do antigo centro psiquiátrico de San Pedro de Leixa

Te puede interesar