O Correlingua cumpre a súa vixésimo cuarta edición coa presentación da actriz Isabel Risco

O Correlingua cumpre a súa vixésimo cuarta edición coa presentación da actriz Isabel Risco
A lectura do manifesto volveu a correr a cargo da actriz Isabel Risco | JORGE MEIS

Unha nova edición do Correlingua, a vixésimo cuarta, celebrouse esta mañá no Pazo da Cultura. Na convocatoria concorreron 1.500 escolares dos concellos de Narón, Ferrol, Fene e Neda, ademais da alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e a concelleira de Ensino, Olga Ameneiro.


Os participantes dividíronse en dúas quendas. A primeira, que entrou ás 10.00 horas, estivo formada por integrantes dos centros Virxe do Mar, A Solaina, Semente de Trasancos, Cruceiro de Canido, Esteiro, Ponzos e San Isidro. O encontro comezou coa lectura do manifesto “Dende aquí até acolá, galego xa!”, a cargo da actriz Isabel Risco.


Despois, tivo lugar a actuación da Gramola Gominola, que interpretou o tema “Superlingua”, gañador do certame musical Cantalingua, que é un dos máis veteranos de Galicia.
Marián Ferreiro deu a benvida e resaltou o papel fundamental dos asistentes para garantir o futuro do galego, ademais do das entidades organizadoras.


Entre a primeira e a segunda quenda, o alumnado e profesorado participou nunha pequena andaina polas inmediacións do Pazo da Cultura de Narón. Unha vez que os escolares da sesión inicial abandonaron o retinto para regresar ás aulas nos autobuses, comezaron a entrar os estudantes dos colexios Ponte de Xuvia, CRA de Narón, Isaac Peral, Terra de Ferrol, Maciñeira e Os Casais. Nesta ocasión, a programación desenvolveuse do mesmo xeito que na anterior.


Ao remate da actuación da Gramola Gominola interviu a concelleira de Ensino, Olga Ameneiro, que agradeceu a participación dos escolares “nunha iniciativa tan importante para a nosa lingua”. “É un orgullo ser unha das once localidades galegas onde neste mes de maio se celebra o Correlingua”, salientou Ameneiro, que ademais avanzou que continuarán co compromiso e reivindicación.
A secretaria comarcal da CIG Ensino, Antonia Martínez, despedíu o encontro no que traballou numerosos anos, coa súa xubilación xa próxima. 

O Correlingua cumpre a súa vixésimo cuarta edición coa presentación da actriz Isabel Risco

Te puede interesar