O Campus Industrial de Ferrol recibe financiación para dous dos proxectos que este ano se desenvolveron nas súas instalacións: Green Power e First Lego League. A Deputación achega 48.000 euros, que constitúen o 80% dos fondos dispoñibles.
A cantidade total presupostada para esta programación é de 60.000 euros e a maior parte cofinanciarán as actividades realizadas por estes dous proxectos en 2024, con base no Campus. En primeiro lugar, a Deputación apoia as propostas realizadas no marco do Green Power, que consistiron no desenvolvemento dun vehículo, a partir do kit que pon a disposición esta mesma iniciativa, na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol. Así mesmo, o proxecto tamén incluíu a práctica de actividades formativas e de visibilización, amais da posta en marcha de carreiras como a que se celebrou, coa organización da EPEF en colaboración coa escudería As Pontes Motorsport, no mes de xuño no circuíto de “karting” que alberga esta localidade.
As actividades da First Lego League 2024 fináncianse por constituir un programa de alcance internacional que desafía á mocidade a resolver problemas que se atopan no mundo real, relacionados con temas de relieve social como a reciclaxe, a educación ou as enerxías renovables. Un total de 43 equipos e máis de 300 participantes reuníronse este ano na décima edición deste evento a nivel galego. Ademais da convocatoria do certame, en 2025 está previsto que o Campus Industrial acolla a final estatal durante o mes de marzo.