Diego Sande: “Nalgúns eidos, os fondos europeos non conseguiron reducir a brecha entre os territorios”

O profesor da USC publica un ensaio sobre as partidas destinadas a innovación
Diego Sande: “Nalgúns eidos, os fondos europeos non conseguiron reducir a brecha entre os territorios”
Sande tamén e doutor en Economía e Empresa | Cedida

Por regra xeral, os problemas económicos adoitan ser complexos, en maior ou menor medida, e o caso dos fondos europeos, esta realidade ten aínda máis matices. Partindo desa base, Diego Sande, profesor na Universidade de Santiago de Compostela e doutor en Economía e Empresa, analiza en “As fugas de recursos, mito ou realidade colonialista en Galicia?” esta problemática no referido á xestión dos fondos europeos –Feder– para innovación trala crise financeira. Un libro, en fin, que busca suscitar un debate no que a clave, cando menos unha delas, é o reparto competencial entre o Estado e as Comunidades Autónomas.


“O proxecto”, lembra Sande, “xurdiu a propósito da detección, durante a análise, da existencia de empresas non galegas que estaban dirixindo proxectos de innovación con fondos que estaban destinados directamente á Comunidade Autónoma”. Dese modo, explica o doutor en Economía, “constatamos que hai un certo impacto deses fondos que estaba sendo absorbido polas empresas, non só en forma de recursos, senón tamén a nivel de indicadores”. Ao seu xuízo, esa situación está no miolo da formulación dun discurso sobre o “colonialismo” que principiou “hai catro ou cinco décadas” e cuxa discusión o autor quere propiciar para tratar de desvendar se é (colonialismo, e, de ser así, en que forma) ou se, pola contra, non nai nada diso.


O profesor non toma claramente partido por ningún dos posicionamientos que recolle o título do ensaio. Iso déixallo ao lector ou lectora, para que opte polos argumentos que se ofrecen. “Falar de colonialismo cando existe un imposto que se aplica de maneira uniforme do conxunto do Estado ou cando existe un fondo de compensación interterritorial para os territorios perifericos non semella adecuado”, sinala,  “pero pode ser que nalgunha realidade si se poda producir algo similar a iso”.


Ese plantexamento contén varias derivadas. Unha delas é se a distribución dos fondos puido no caso da innovación manter as desigualdades entre territorios ou, se pola contra, foi quen de reducila. “É un tema realmente complexo e controvertido”, advirte Sande, quen incide en que é determinante “o xeito de escoller os parámetros, de analizar os resultados e tamén da elección do territorio que se queira estudar, porque dependendo de todo iso o balance pode ser moi diferente”. 


Con todo, Sande opina que si existe un consenso certamente amplo sobre que os fondos permitiron tamén a capitalización das empresas e iso, sostén, “permite facer maiores investimentos, aínda que a nivel doutros indicadores se efecto positivo non sempre se contrastou”. Alén do ámbito empresarial existe unha discusión central: serviron ou non os fondos para reducir as disparidades entre os territorios da Unión? “Parece que non se está a conseguir rachar con eses desequilibrios, senón que moitas veces as diferencias entre os máis punteiros e os de menor desenvolvemento se manteñen”, asegura, o que leva, parafrasando a Rodríguez Pose, “á xeografía do descontento dentro da UE”. 


As posicións

No que respecta á fiscalización dos fondos, Sande explica que se trata dun proceso “moi complexo, ás veces demasiado exhaustivo no que respecta á xustificación” que reduce a posibilidade de fraude, no sentido amplo do termo.  “Desde ese punto de vista –o da fiscalización– non sería a principal problemátiva, pero si outras cuestións que teñen que ver coa planificación e a xestión”. Refírese, por ecemplo, ao enfoque xeralista co que adoitan partir pos fondos europeos, que, se ben “están ben para atacar determinados problemas, pero as especificidades van máis alá dos enfoques xeralistas e iso dalgunha maneira produce un certo desaxuste”, aínda que, lembra, no é o único, “No caso galego”, precisa, “ten que ver co nivel competencial. Unha parte das competencias de innovación correspóndenlle ao Estado e outra á Comunidade Autónoma. E dentro das que se reserva o Estado está o apoio á planificación e a coordinación dos grandes proxectos, o que inclúe os grandes investimentos empresariais. Ás CCAA correspóndelle as que teñen que ver coa vertebración do sistema, como a creación de infraesructuras, redes, centros tecnolóxicos ou espazos de cooperación e de intercambio de coñecementos”.


E que supón iso no caso galego? “Cando se lanzaron estes fondos de innovación, Galicia estaba nunha situación de innovación moi moderada respecto ás rexións máis avanzadas e non había unha vertebración do seu sistema de innovación. Sen embargo, estes grandes programas de innovación foron lanzados –a través dunha decisión política–, o que produciu unha certa fricción coas necesidades da Comunidade Autónoma e provocou, para algúns accidentalmente e para outros non tanto, que empresas que se situaban na capitalidade (do Estado) tivesen acceso a eses recursos de xeito indirecto”. 

Diego Sande: “Nalgúns eidos, os fondos europeos non conseguiron reducir a brecha entre os territorios”

Te puede interesar