O Boletín Oficial da Provincia publicou onte as bases para participar no ciclo “Domingos a escena”, que ofrece representacións teatrais gratuítas no centro cívico de Caranza. Trátase dunha proposta dirixida ás compañías amadoras legalmente constituídas, que desenvolverán as súas propostas os domingos ás 19.00 horas.
Este “curso”, a iniciativa abranguerá o período comprendido entre o 9 de marzo e o 15 de xuño, así como entre o 21 de setembro e o 30 de novembro. Para formalizar as solicitudes, os grupos interesados terán dez días dende o día seguinte á publicación do anuncio da convocatoria. No caso de resultar un dos participantes no ciclo, establecerase unha retribución por obra representada de 650 euros. Os detalles pódense consultar no BOP nº 28 do 11 de febreiro.