A Escola Oficial de Idiomas de Ferrol deu hoxe a benvida ao novo curso e para mañá xoves, ás 19.00 horas, organiza unha charla informativa sobre a actividade da sección que ten en Cedeira. A xuntanza, que é aberta a todas as persoas interesadas, terá lugar na Sala Áncora da Praza Roxa.
Como se lembrará, a EOI de Ferrol ten tamén seccións nas Pontes e Cedeira. Esta última impártese no IES Punta Candieira e na sesión de mañá explicarase o proceso de matriculación nos novos cursos de Inglés que van comezar en breve.
Segundo avanza a directora do centro, Kerry Ann Mc Kevitt, a matrícula no centro e nas seccións está aberta ata o venres 20 de setembro. Quedan prazas vacantes en Inglés nivel básico en todos eles.
No que respecta aos cursos de destrezas sen probas, ofértanse en Francés (B2 e C1), Inglés (B1, B2, C1, C2) e Italiano (B1 e B2).
As persoas interesadas poden facer as súas consultas chamando ao teléfono 634 658 789 ou enviando un correo a cedeira@eoiferrol.org.